O pósito noiés confía en poder reiniciar a actividade o próximo luns

    NOIA> As mostraxes realizadas o pasado mércores deron negativo e estase á espera dos resultados das análises de hoxe. Nos mariscadores noieses cunde o desánimo ó ver como unha semana máis a toxina mantén paralizada a súa actividade. Aínda así móstranse confiados en que a situación evolucione a mellor nos próximos días e poder volver ó traballo o próximo luns. As previsións apuntan en principio a iso. Os controis realizados o pasado mércores pola Confraría, e que foron enviados óIntecmar, deron negativo. Esta mañá volvíanse a realizar, e estase a espera dos resultados. Outro negativo na análise sería xa definitivo e permitiría poder abrir novamente as concesións o próximo luns. Dende o pósito noiés cifran en máis de millón e medio de euros as posibles perdas por este episodio toxicolóxico.