Comisan máis de cen quilos de percebe ilegal

    incautacionpercebes.jpgRIBEIRA> Os vixilantes da confraría de Aguiño comisaron cen quilos de percebe que un grupo de mariscadores tentaba comercializar de xeito ilegal.

    {flowplayer}barbanza/incautacionpercebes.flv{/flowplayer}

    Este luns os vixilantes do pósito sorprenderon a un grupo de mariscadores que preseuntamente estaban a furtivar. As súas sospeitas ó ver como un grupo de percebeiros fondeaba varios sacos na mar nas inmediacións da illa de Sagres estaban ben fundadas. Cando se achegaron á zona descubriron que alí se agochaban máis de cen quilos de marisco que presuntamente ían ser vendidos fóra das canles legais.

    Á espera de coñecer as sancións impostas pola Consellería do Mar dende o pósito non descartan que poida implicar a retirada do permiso de explotación.

    Reincidentes

    Segundo os rumores que corrían esta mañá no porto non é a primeira vez que este mesmo grupo integrado por unhas sete persoas comete este tipo de prácticas ilegais.

    Redacción Barbanza