A dobre loita das mulleres con cancro de mama

    RIBEIRA> Cada día detéctanse no noso país 71 casos de cancro de mama. Un diagnóstico precoz vólvese fundamental para conseguir combater a enfermidade. Pero ademais da loita contra o cancro, estas mulleres deben facer fronte a outra loita difícil tamén de superar, a súa situación económica.  María José é a presidenta da Asociación contra o Cancro de Ribeira. Esta mañá percorreu as rúas do concello, xunto con outras voluntarias, para sensibilizar á poboación e insistir en que a detección precoz é a mellor defensa contra o cancro de mama. María José colabora agora informando e asesorando para axudar a outras mulleres, e tamén homes, na súa batalla contra o cancro de mama. Ela, xa conseguiu gañala en dúas ocasións.  É consciente de que non todas teñen a mesma sorte ca ela. Non só por gañarlle ao cancro, senón pola outra batalla que teñen que librar: a económica.  O cancro de mama afecta a UNHA de cada OITO mulleres en España. É o tumor máis frecuente entre as mulleres. Aínda así, a mensaxe deste 19 de outubro é esperanzadora: na actualidade a taxa de supervivencia chega case ao 80 por cento dos casos.  E un dos motivos principais para o continuo avance da esperanza de vida das mulleres con cancro de mama, é un diagnóstico temperá. Aínda así, queda moito por concienciar.  Baixo o lema “Diagnosticáronche cancro de mama, e agora que?” a campaña da Asociación Contra o Cancro este ano centrouse en dar a coñecer a apoio psixolóxico, social e de orientación sanitaria que a asociación ofrece a valentes coma María José.