Noia será sede do Campionato Galego de Ciclismo en categoría Master

NOIA> Noia acollerá o domingo 11 de xuño a segunda edición do Trofeo Portus Apostoli. A proba organizada pola Peña Ciclista Noela Master Team e a Federación Galega de Ciclismo, coa colaboración do propio Concello, que será valedoira para o Campionato Galego na categoría master.

O concello de Noia acollía o acto de presentación do II Trofeo Portus Apostoli. A proba, organizada pola Peña Ciclista Noela Master Team e a Federación Galega de Ciclismo, coa colaboración do propio Concello, terá lugar o domingo 11 de xuño.

Este ano a cita será ademais valedoira para o Campionato Galego Master para as categorías 60, 50, 40 e 30.

Dende a organización agardan unha participación próxima ós 200 corredores procedentes de diferentes localidades galegas, así como tamén participantes de equipos portugueses e asturianos.

O inicio da carreira está prevista para as dez e media da mañá. Será un circuíto maioritariamente urbano que percorrerá tamén os concellos de Lousame e Rois

Dende o Concello destacaron a importancia de poder acoller esta proba, valorando tamén o traballo e o esforzo do Noela Master Team para poder celebrar esta carreira.

Dende a organización destacaron tamén o apoio das distintas empresas e casas comercias que colaboran coa proba, xa que sen a súa axuda sería impensable poder realizala.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí