O marisco polas nubes na véspera das festas de Nadal

    prezosmarisco.jpgPOBRA> Como é habitual nos días previos ás celebracións de Nadal, os prezos de peixes e mariscos experimentaron unha importante suba.

    {flowplayer}barbanza/prezosmarisco.flv{/flowplayer}

    Ó encarecemento habitual de certas especies coa proximidade de Noiteboa e Nadal, súmase este ano a escaseza de marisco da ría.

    Mención especial merece a centola que chegou a subir unha media de seis euros, roldando os trinta euros o quilo. Aínda que outras especies como o boi, a nécora ou o camarón tampouco quedaron atrás.

    Poucos beneficios

    As praceiras destacan que se trata dunha das peores campañas de Nadal que lembran coa esperanza posta aínda na  véspera de Noiteboa. Aínda así, non albergan grandes expectativas.

    Entre os clientes, a conversa máis repetida é o caro que vai o marisco. Aínda así, pouco a pouco vanse animando a mercar para levar o sabor da ría á mesa nestas festas.

    Redacción Barbanza