NOIA> Co paso dos anos o Concurso de Pintura ó Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga ‘Sesé’ que organiza a concellería de Cultura e que este ano chega a súa 15 edición foi adquirindo maior protagonismo.
Na presentación tamén tomou parte o artista local e coordinador do certame Alfonso Costa, quen destacou a importancia deste certame, que trata de poñer en valor tamén a figura de Juan José Fernández Leiceaga ‘Sesé’.
A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 29 de xullo. O certame repartirá este ano máis de dez mil euros en premios, a maioría para a modalidade adultos, aínda que tamén haberá un apartado no certame para os máis pequenos.
Como é habitual as tres primeiras obras elixidas polo xurado pasarán a formar parte dos fondos do Concello.








