POBRA> O concello procederá á reposición do servizo de recollida de lixo no Conchido tan pronto o permiten as obras de saneamento na zona.
{flowplayer}barbanza/recollidalixoconchido.flv{/flowplayer}
Despois de que a agrupación socialista denunciara a retirada dos contedores no treito do Conchido que limita co concello de Boiro, o edil de Servizos quixo explicar os motivos que obrigaron a restrinxir o servizo.
Andrés Millán aclarou que as obras de saneamento que se están a acometer na zona fan imposible o paso do camión de recollida polas vías máis angostas polo que o servizo non se está a realizar completo.
Explicou que en canto rematen as obras, ou mesmo antes, en canto se pavimenten as rúas obxecto da actuación volverase a realizar a recollida na súa totalidade.
Críticas
Con respecto ás críticas da oposición, que acusaba ó goberno de castigar ós veciños da Ribeiriña e do Conchido, o edil de Servizos amosouse moi crítico coa voceira socialista.
Lembrou ademais que lonxe de castigar ós residentes, o executivo presidido por Isaac Maceiras ten realizado moitas melloras, entre elas esta segunda fase de saneamento que se está a acometer.
Redacción Barbanza