Taragoña estrea aparcadoiro e praza pública con seis anos de atraso

    parquintaragona.jpgRIANXO> Tras máis de seis anos de demora por fin abriu as súas portas o novo aparcadoiro municipal de Taragoña.

    {flowplayer}barbanza/parquintaragona.flv{/flowplayer}

    Foi preciso salvar moitos escollos para chegar á inauguración oficial do párquin de Taragoña. Dende a adquisición do antigo cine no ano 2003, as dificultades para acadar investimentos e a creba da empresa que iniciou os traballos demorou o proxecto.

    Colaboración entre administracións

    Finalmente, a colaboración da Xunta e do estado que aportaron o preto do millón de euros que supuxo a obra, unido ó esforzo do concello fixeron posible a posta en marcha do aparcadoiro.

    O servizo será totalmente gratuíto e a xestión realizaraa o concello directamente cun control remoto instalado na policía. En total, habilitáronse cincuenta e dúas novas prazas de aparcamento e a parroquia gaña tamén un espazo público na praza superior.

    Redacción Barbanza