Construtores da zona quéixanse de non poder acceder á obra pública

    aresconcursoobrapublica_100_270209.jpgBOIRO> En concreto refírense a aquelas actuacións financiadas con cargo ó Plan de Investimento Local.

    {flowplayer}barbanza/aresconcursoobrapublica.flv{/flowplayer}

    Despois de varios contactos mantidos con empresarios do municipio que lle fixeron chegar o seu malestar por este asunto, o tenente alcalde boirés, fixo referencia ás cláusulas que están establecidas por lei para poder participar neste tipo de concursos de obra pública. Así sinalou que os empresarios que desexen participar nestas licitacións están supeditados a unha clasificación.

    Segundo el sería importante que os empresarios da zona tiveran posibilidade de poder participar nestes concursos de obra pública, xa que os beneficios redundarían dobremente no municipio ou na comarca.

    Redacción Barbanza