OUTES> O concello de Outes sumouse este ano ós actos convocados pola Fundación Rosalía de Castro e Hostelería.gal para conmemorar o nacemento da escritora. En colaboración coa hostalería local ofrecerán ‘caldo de gloria’ de tapa a última fin de semana de febreiro.
14 establecementos hostaleiros de todo o termo municipal colaboran na campaña ‘Caldo de Gloria’ á que este ano se sumou o concello de Outes para conmemorar o nacemento da escritora.
Ademais do caldo de tapa, repartiranse uns dípticos cun breve resumo sobre a figura da escritora galega máis universal así como fragmentos da súa obra.











