![]()
VILAGARCÍA> O concelleiro non puido superar o conflito espertadoco derrubamento dos bancos de Ravella, e antes de aprobar a modificación do proxecto, decide marchar.
{flowplayer}images/salnes/MARCELINO_ABUIN_DIMITE.flv{/flowplayer}
Marcelino Abuín deixa a carteira de Urbanismo por coherencia política. Os bancos de Ravella puideron co ata agora edil de Xestión do Territorio de Vilagarcía. A polémica suscitada polo seu derrubamento deu lugar en poucos días a un movemento cidadá a prol de que as bancadas de azulexo foran repstituidas. Lograron o apoio dos grupos políticos na oposición, do socio de goberno dos socialistas no bipartito e incluso do propio grupo do PSOE. Cuestionado por tódalas bandas, Abuín decide marchar antes que aceptar unha modificación coa que non comulga, reforma do proxecto que se ía votar no pleno desta tarde.
Durante o anuncio da súa dimisión, Abuín aproveitou para xustificar a demolición dos bancos. A lexislación que regula a intervencións en bens catalogados, coma os xardíns de Ravella, indica que as remodelación deben incluir as achegas de cada época histórica, polo que non é posible, segundo Abuín, acometer a renovación reproducindo elementos anteriores. A saída de Abuín da concellería de Xestión do Territorio producirase nos vindeiros días, unha vez teña ordenados os expedientes e proxectos que se están realizando para transferirllos ó seu sucesor no cargo.
Redacción Salnés








