Boa resposta da veciñanza da Portela ao cribado realizado polo Sergas en Cuntis

CUNTIS> O Sergas realiza un cribado en Cuntis no que estaban convocados preto de 200 veciños. As probas realizáronse por PCR para detectar aos contaxios asintomáticos da zona. A veciñanza respondeu cunha importante asistencia.

A difícil situación que a travesa o concello de Cuntis levou ao Sergas a realizar un cribado no municipio. As probas tiveron lugar na zona da igrexa da Portela cunha carpa preparada para atender aos preto de 200 usuarios convocados.

A veciñanza convocada incluía a persoas de todas as idades. O obxectivo fundamental das probas era detectar aos pacientes asintomáticos.

Estas probas permitirán illar aos contaxiados e evitar así a propagación do virus na zona.

O cribado levouse a cabo a través de PCRs. Os convocados podían achegarse ao lugar tanto a pé como no seu propio vehículo. Dous equipos de medicina preventiva asistiron á veciñanza convocada. A asistencia foi considerable.

Os resultados comunicaranse en menos de 48. Aos negativos a través dun sms e aos positivos será o seu médico de familia o que se poña en contacto con eles para indicarlle as medidas a adoptar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí