![]()
O GROVE> A intención é ofrecer unha alternativa de ocio nestas datas, Con este obxectivo comezou a terceira edición deste torneo de fútbol sala.
{flowplayer}images/salnes/ActivaOgrobe.flv{/flowplayer}
Neste evento que chega este ano a súa terceira edición e que xa está consolidado no municipio do Grove, participan un total de 16 equipos. Os partidos desenvolvéronse onte ó longo de toda a tarde e ata as 11 da noite e volverán a desenvolverse hoxe cos mesmos horarios.
As finais deixaránse para o vindeiro domingo día 2 de xaneiro no que o Monte da Vila se vestirá de gala para poñerlle o peche de ouro ó torneo. Haberá trofeo para o campión do campionato e tamén para o segundo e terceiro clasificado. Ademais recibirá recoñecemento especial tamén o máximo goleador do torneo e o porteiro menos goleado.
Esta alternativa para empregar o tempo libre nestas datas festivas non se dirixe unicamente ós que se decidan a participar no torneo senón tamén a todos aqueles que se animen a achegarse ó pavillón a velos partidos.
Co obxectivo de que sexa o maior número de xente o que se decida a achegarse ó Monte da Vila a organización preparou todo tipo de espectáculos paralelos e diferentes sorteos entre os que hai bonos para sesións de spa ou ceas para dúas persoas entre outros.
Redacción Salnés








