CAMBADOS> Cambados levará unha moción ao pleno da Xunta da Mancomunidade do Salnés para mellorar o transporte público da comarca. Dende a formación queren mellorar e ampliar as liñas de buses tanto a nivel interno do Salnés como coas grandes cidades galegas. O obxectivo é instar á Xunta de Galicia a recoñecer o carácter metropolitano da comarca.
O concello de Cambados leva dende o 2018 presentando iniciativas en contra do plan de transporte público de Galicia. Dende o bipartito consideran que o transporte público na comarca atópase no seu peor momento.
Dende a concellería de mobilidade tamén sinalan a falta de liñas de comunicación públicas entre as vilas do Salnés e as grandes cidades galegas.
O goberno cambadés considera que o plan de trasporte público galego dista moito dun modelo do século XXI.
Por todo isto, dende o concello levarán unha moción ao Pleno da Xunta da Mancomunidade do Salnés co obxectivo de mellorar as comunicacións da comarca e instar á Xunta de Galicia a que declare o Salnés como área metropolitana.
A esta proposta sumouse a formación de Cambados Pode. Que engadiu unha emenda para que o plan do transporte público do Salnés se financie con fondos europeos.
Estas propostas rexurdiron tras a problemática que se atopan uns alumnos cambadeses para desprazarse a estudar a Vilaxoán. Para as formacións é un exemplo claro da deficiencia das comunicacións