O presidente da Xunta preside a posta en servizo da variante de Outes

aperturaponteoutes_1.jpgOUTES> A nova infraestrutura, que supuxo un investimento de preto dos 25 millóns de euros, permitirá aforrar considerablemente os tempos de desprazamento con Muros.

{flowplayer}barbanza/aperturaponteoutes 1.flv{/flowplayer}

A variante de Outes abría esta mañá ó tráfico, despois de tres anos de obras e un longo proceso de tramitación. A nova vía, de case cinco quilómetros, que conecta os núcleos de Ceilán e Catasueiro, inclúe dous treitos en viaduto sobre a ría. O investimento para a esta infraestrutura supuxo preto de 25 millóns de euros, case o dobre dos doce presupostados inicialmente. O orzamento foi incrementando á medida que avanzaban as obras para dotar de máis medidas de seguridade á nova vía. A posta en marcha desta estrada supón ademais o primeiro paso dun proxecto integral de mellora das comunicacións en toda a comarca.

Agradecementos

O alcalde de Outes, Carlos López Crespo, agradeceu o investimento realizado pola Xunta nesta nova infraestrutura, así como tamén o esforzo dos veciños de distintos núcleos da zona que se viron afectados polas expropiacións.

Compromiso coa comarca de Muros-Noia

Na súa intervención o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou que a posta en marcha desta obra inscríbese na filosofía de favorecer a mobilidade e a proximidade entre o conxunto de cidadáns de Galicia, ó acurtar tanto o seu itinerario coma o tempo necesario para percorrer este traxecto. Segundo el este non será o último dos compromisos da Xunta para con esta comarca, referíndose así á futura variante de Noia.

{flowplayer}barbanza/aperturaponteoutes 2.flv{/flowplayer}

Aprobación PXOM

Esta non foi a única boa nova hoxe para o concello outense. O titular da Xunta anunciaba da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, unha vez que a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou favorablemente dos cambios introducidos neste documento, aprobado en pleno o pasado mes de decembro.

Redacción Barbanza