Ribeira acollerá en agosto un campo internacional de voluntariado

RIBEIRA> Desenvolverase do 15 ao 26 de agosto, coorganizado polo Concello e a consellería de Política Social para mozos de 18 á 30 anos.

esta mañá presentábase en Ribeira un campo internacional de voluntariado que se desencvolverá no Parque Natural de Corrubedo do 15 ó 26 de agosto organizado de xeito conxunto polo Concello e a consellería de Política Social. Nel tomarán parte uns 20 mozos con idades entre os 18 e os 30 anos.

Este campo de traballo terá unha temática medioambiental, levando a cabo actividades de mantemento, eliminación de plantas alóctonas ou labores de sensibilización ós visitantes ao complexo dunar, pero sen perder tampouco de vista a parte lúdica, a través de actividades como snorkel, kaiac ou observacións de estrelas.

Comments are closed.