‘Os vellos non deben de namorarse’ estreará o Mes do Teatro

CAMBADOS> “Os vellos non deben de namorarse” chega esta fin de semana a Cambados. A obra teatral de Castelao abrirá o domingo o mes do teatro da vila, no marco da xira iniciada pola Deputación de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao.

 

O mes do teatro de Cambados arrincará por todo o alto. O Auditorio da Xuventude acollerá a representación da obra “Os vellos non deben de namorarse”, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Será o segundo pase da peza, que terá a súa estrea o venres en Pontevedra no marco da xira teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Unha iniciativa que revive todo un clásico do teatro galego.

“Os vellos non deben de namorarse” de Teatro do Morcego porá sobre as táboas do Auditorio cambadés a dez intérpretes para representar os tres lances da tese de que o vello que namora a destempo vese condenado polo pobo.

A cita cambadesa será o domingo día 2 ás 7 da tarde no Auditorio Municipal da Xuventude. As entradas poden adquirirse na oficina de turismo ou unha hora antes da función na billeteira, cun prezo de 3 euros e medio ou dous e medio en tarifa reducida.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/ptac_teatro_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/ptac_teatro_cambados.mp4{/flowplayer}