Caridad González: ‘Muros é un pobo tranquilo’

xuntalocalseguridademuros.jpgMUROS> O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiu esta mañá na casa consistorial a Xunta Local de Seguridade Cidadá.

{flowplayer}barbanza/xuntalocalseguridademuros.flv{/flowplayer}

O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiu en Muros a Xunta Local de Seguridade Cidadá. Ademais da alcaldesa, Caridad González, e representantes das forzas de seguridade do Estado, tanto Garda Civil coma Policía Local, tamén tomaron parte nesta reunión os portavoces dos dous grupos da oposición: Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego. Na xuntanza aportáronse os datos sobre o índice de delincuencia existente no municipio, dos máis baixos da zona. Na maioría dos casos os delictos están referidos a atentados contra a propiedade privada.

Maior coordinación

A rexedora local, Caridad González, incidiu en que a finalidade desta reunión non era máis que a busca dunha maior coordinación entre as forzas de seguridade do Estado

Benvida

Caridad González aproveitou tamén a ocasión para darlle a benvida ó novo comandante do cuartel da Garda Civil da localidade, un posto para o que foi designado o muradán Juan González Santamaría.

Visita ó novo cuartel

Con anterioridade o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, realizou tamén, acompañado do resto de autoridades, unha visita institucional ó novo Cuartel da Garda Civil nesta localidade.

Redacción Barbanza