O IGAPE subvenciona avances tecnolóxicos en Maderas Ornanda

 PORTO DO SON> A axuda posibilitou a posta en marcha dunha liña de produción na que se aproveitan as serraduras sobrantes da fabricación de caixas de madeira en pellets.

{flowplayer}barbanza/maderasornandapellets.flv{/flowplayer}

A empresa Maderas Ornanda, situada no lugar de Miñortos, no concello de Porto do Son, dá traballo actualmente a unhas 76 persoas. A súa produción baséase fundamentalmente na fabricación de caixas de madeira para o envasado de bebidas, que exporta na súa maior parte ó mercado vitivinícola francés. A aposta polo desenvolvemento e a innovación levaron á dirección da firma sonense a meterse de cheo nun novidoso proxecto, investindo no último ano preto de medio millón de euros na posta en marcha dunha liña de produción, na que se aproveitan as serraduras xeradas na súa actividade principal, para convertelas en pellets. A consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, subvencionou esta iniciativa empresarial con máis do 30% do seu custe total.

Peche ciclo de produción

Este produto, que se utiliza como combustible, multiplica por catro o prezo das serraduras a granel, o que permite reter na empresa un importante valor engadido. Conseguen así pechar todo o ciclo de produción.

Redacción Barbanza