Mal partido do Portonovo que deixa escapar os puntos de novo

fotofutbolcopia.jpg SALNÉS> Perdeu mínima ante o As Pontes nun partido no que lle faltou intención. Na Preferente Sanxenxo e Céltiga repartíronse os puntos entre polémicas.

{flowplayer}images/salnes/ResumoFutbolXaneiro.flv{/flowplayer}
O Portonovo segue sendo incapaz de acadar a vitoria na casa e onte volveu a deixar escapar os puntos ante un rival directo pola permanencia. O As Pontes venceu pola mínima aínda que puido ter marcado algún gol máis. Pois os coruñeses demostraron máis organización e mellor coordinación que os arlequinados que tiveron grandes erros.
 
Os de Jacobo Molina volveron amosar as súas carencias sobre todo a nivel ofensivo, xa que apenas inquietaron a portería rival. O máis destacado do partido foi o gardamenta Javi Díaz, que fixo dúas intervencións de moito mérito.
 
Alberto López deu entrada a vinte minutos para o final a Felipe, que foi o factor desequilibrante. No minuto 80 marcou o 0 a 1 e rematou coa resistencia local. Co marcador en contra nada puido facer o Portonovo facer nada ante un rival ben plantado que nos derradeiros minutos adicouse a defender a renta que posuía. Os puntos marcharon para As Pontes e os de Baltar continúan penúltimos agora a dous puntos da salvación.
 
Derbi na Preferente
 
O Céltiga chegaba ó partido despois dunha semana na que soaran as campás do cambio de adestrador debido os malos resultados que veñen arrastrando. A directiva deixou claro que tiña a súa confianza posta no equipo e estes non quixeron defraudar.
 
Comezaron creando bastante perigo e bastantes ocasións pero non foron quen de materializalas, un pouco polas dificultades que lle creaban os de Calucho e un pouco tamén pola intensidade e a rapidez do xogo que ofreceu bastantes problemas en canto á precisión.
 
E foi entón cando a precisión chegou da man dos de Sanxenxo. Cuchi puxo o 1 a 0 no marcador e sen apenas tempo para celebralo un minuto despois chegou o segundo, aínda que de pouco valeu pois o árbitro acabou anulándoo por un fora de xogo moi protestado.
 
Antes do descanso Diego Blanco sacouse a espiniña marcando o segundo para os locais e nese momento nada facía prever o que ía suceder na segunda metade.
 
A sorte comezou a sorrirlle ós de Rial, Fernando lanzou a porta Vlady non foi quen de agarralo balón e acabou entrando na portería facendo o 2 a 1.
 
Cuchi puido ampliar de novo a vantaxe pero o árbitro volveu anular o gol por fora de xogo e xa no minuto 93 o colexiado sinalou un penalti de Vlady sobre Manuel que puxo en pé a toda a afección local que vía como se lle escapaba o partido das mans. Fernando foi o encargado de materializalo facendo o 2 a 2 definitivo.
 
Redacción Salnés