Viajes InterRias recibe un duro correctivo en Carballiño

interrias250.jpgPORTONOVO> O Viajes InterRias Sanxenxo recibiu un duro correctivo en Carballiño ó perder esta fin de semana por un contundente de 9-1. O encontro comezou xa con dominio do equipo local, pero inda así o InterRias foi defendendo os envites locais.

Nos primeiros minutos foron os de Portonovo os que tiveron as ocasións máis claras, pero a falta de acerto e as boas intervencións do meta local evitaron o tanto. O Carballiño aproveitou o primeiro erro dos de Salgueiro para estrear o marcador e minutos máis tarde incrementaron a renda en dous novos goles, que xa deixou tocado ó InterRías.

O gol de Alan a pouco do descanso deu esperanzas para a segunda metade. Pero á volta os de Portonovo só aguantaron os primeiros nove minutos, cando os locais anotaron 2 novos tantos. A partir de aí, o partido só tivo un dono e o Carballiño seguiu ampliando o seu marcador ata deixalo no 9 a 1 definitivo. O adestrador Salgueiro cre que a diferenza de plantilla se deixou notar ó final. O vindeiro duelo será o día 15 ante o Azkar.

Redacción Salnés