‘O concello non respetou o acordo da equiparación salarial’

    UXT_VILAGARCIAcopy.jpgVILAGARCÍA> Este é o motivo polo cal a central sindical UXT ven de pór en marcha unha campaña informativa na localidade.

    {flowplayer}images/salnes/UXT_VILAGARCIA_CONFLITIVIDADE_CONCELLO.flv{/flowplayer}

    A pesares do acordo acadado no último pleno da corporación municipal de Vilagarcía para equiparar salarialmente ós traballadores do concello, UXT considera necesario que os veciños coñezan a situación pola que están a pasar estes empregados. Para iso veñen de anunciar unha campaña informativa que van desenrolar na localidade baseada en trípticos e panfletos que repartirán polas diferentes rúas da vila.

    O conflito comeza, segundo UXT, cando desde o concello non cumpren o acordo do ano 2005 polo que se tiñan que equiparar os salarios dos traballadores coa mesma categoría laboral. Ata o momento recibiron un total de trinta e oito denuncias destes empregados. Neste senso, desde o sindicato criticaron a mala xestión realizada polo concello ó recorrer as sentenzas.

    Consideran, ademais, que a cidadanía está mal informada en torno a esta problemática. Por iso, outro dos obxectivos desta campaña infomartiva é que os veciños fagan as súas propias valoracións.

    Por último, informaron que o diñeiro que recaden destas sentenzas irán destinadas a asociacións de Vilagarcía.

    Redacción Salnés