O Portonovo perdóalle a vida ó Ribadumia no derbi

derbi250_150310.jpgRIBADUMIA> Empate entre Ribadumia e Portonovo (1-1) nun encontro dominado polos visitantes, que perderon a oportunidade de colocarse líderes.

{flowplayer}images/salnes/derbi_150310.flv{/flowplayer} 

O encontro da Senra foi deses que pese a rematar en empate (1-1), deixa a uns máis contentos que a outros. O Ribadumia víuse desbordado durante gran parte do partido por un Portonovo que dispuxo do control de xogo e de mellores ocasións. Iso sen embargo non fai desmerecer o punto sumado polos de Carducho que loitaron ata o final.

Sería Turu o que poría ós de Rial en vantaxe nunha primeira metade de claro color branquiazull. Con 0-1, no comezo do segundo tempo puideron matar o encontro en diversas ocasións, pero perdoaron. Primeiro o propio Turu, nunha vaselina que mandou fóra. A seguinte, na testa do mesmo protagonista. Un córner botado por Guimeráns e peiteado por Comesaña, acabou golpeando o pau.

O asedio era constante, polas dúas bandas e polo centro, como nun disparo de Guimeráns dende 30 metros que soprendeu a Juanjo pero petou no longueiro. Ata tres balóns á madeira lanzaron onte os de Rial.

O Ribadumia puido sobrevivir e margoulle-la vida ó Portonovo. Á media hora do segundo tempo, unha falta colgada ó area, era rematada en segunda instancia por Ramón. O dianteiro saltara ó campo apenas catro minutos antes, e como xa sucedera no partido de ida, convertíase no verdugo dos de Baltar.

A ledicia puido durarlles ben pouco, porque na xogada seguinte o Portonovo avisou e Juanjo salvou o tanto visitante sobre a mesma raia de gol. Os de Rial continuaron dominando e máis aínda no tramo final, despois da expulsión por dobre amarelo de Sayar. Tivo a victoria nos pés de Diego Cebreiro.

Pero tamén a tivo o Ribadumia cunha de Ramón e, a máis clara nos pés de Arias, que tirou alto. O reparto de puntos deixa ó Ribadumia na metade baixa da táboa, con nove puntos de vantaxe sobre o descenso e permite ó Portonovo conservar a segunda praza grazas ó picazo do Estradense en Aldán.

Redacción Salnés