![]()
VILAGARCÍA> E o fai por motivos de saúde, aínda que o secretario provincial confesou que a presión mediática adiantou a decisión.
{flowplayer}images/salnes/DECLARACIONS_MODESTO_POSE.flv{/flowplayer}
Unha decisión que aínda non estaba tomada pero o secretario provincial recoñeceu que no seo do partido eran conscientes da situación pola que atravesaba o ata agora candidato socialista. Do que non cabe dúbida é que os acontecementos apresuraron a decisión.
Con todo, Pose reiterou todo o seu apoio a Carlos Guerrero, tal e coma o fixeron esta mañá na xuntanza que mantiveron xunto á secretaria local.
A partires de agora, confesou que se abre un proceso no que terán que repensar o proxecto do partido socialista para as vindeiras eleccións municipais, aínda que considerou que é cedo para falar dun novo candidato.
Pero xa se volve a falar das mesmas persoas que se barallaron cando Carlos Guerrero foi elixido candidato, coma o de Jesús Paz, Manuel Gago, Tania García e mesmo o de Modesto Pose. Este confesou acatará a decisión que tome a executiva.
Precisamente desde as oito da tarde, a executiva foi convocada a unha reunión para explicarlles o acontecido e enfocar a situación na que se atopan.
Redacción Salnés








