A crise provoca que estas rebaixas sexan máis baixas

    VILAGARCIA> E un dos grandes atractivos do tempo de lecer desta fin de semana, competindo ca praia, foron as rebaixas. Os comercios das…

    {flowplayer}images/salnes/rebaixas_xullo_2011.flv{/flowplayer}

    … Rías Baixas comezaron o mes con notables descontos nos seus artigos, con ofertas, segundo os enquisados mellores que o ano pasado co que xa son moitos os que sucumbiron ante a tentación.

    A meirande parte da xente aproveita para comprar textil e calzado, aínda que tamén hai quen atrasa a compra de artigos de verán para estes primeiros días de xullo. Os enquisados aseguran que este nesta edición a crise fixo que mellorarán as ofertas pero tamén que diminuíra o orzamento para gastar de cada persoa. Amais este ano, a pesares da implantación da nova lei de comercio, houbo comercios que se adiantaron ó tempo das rebaixas; o que podería conlevar algunha sanción para eles.

    Os inspectores da Dirección Xeral de Comercio continuarán inspeccionando as vilas comerciais de toda Galicia para vixiar o normal desenvolvemento das rebaixas deste verán 2011.

    Redacción Salnés