![]()
VILAGARCÍA> Seiscentos cativos da comarca irán en ferrocarril ata Santiago para familiarizarse co uso da lingua galega.
{flowplayer}images/salnes/160309_tren_caixanova.flv{/flowplayer}
Caixanova volve a programar os percorridos en tren para cativos de cinco a oito anos. Trátase dunha iniciativa que se vén realizando desde hai tempo co obxectivo de que os nenos da comarca aprendan e empreguen a lingua galega, ademais de familiarizalos co ferrocarril como medio de transporte público.
Os primeiros en subirse ó tren foron douscentos alumnos dos colexios Xulio Camba, O Piñeiro, Vagalume, A Pastora e Tremoedo. Os cativos, de entre cinco e oito anos, viaxaron acompañados de animadores que lles fixeron pasar unha divertida xornada.
En total serán seiscentos os nenos da comarca que participen nesta actividade. Cada día contarán coa presenza de destacados persoeiros da vila. Nesta ocasión foi o director da banda de música de Vilagarcía, Jesús Nogueira, os que os animou a falar a galego.
Redacción Salnés









