O conselleiro de Traballo visita o centro de formación ocupacional da Illa

    ricardovarelaalcaldeailla_100_300407__still_002.jpgA ILLA > Ricardo Varela loubou o gran traballo que se está a facer no municipio e comprometeuse a seguir colaborando co concello en iniciativas deste tipo.

    A Consellería de Traballo investiu máis de 840 mil euros no centro de formación ocupacional da Illa, unha das actuacións do obradoiro de emprego Nordés que promoveu o goberno local e que se está a desenvolver con gran éxito.

    ricardovarelanailla_300_300407__still_001.jpgNeste obradoiro participan 45 alumnos maiores de 25 anos, dos que 44 son mulleres que aprenden albanelería, xardinería, carpinteriá, confección de complementos náuticos e construción naval. Disciplinas que permitiron levanta-lo centro ocupacional e que, ademais, lles darán a estes alumnos unha profesión con saídas laborais. De aí a importancia de continuar este proxecto, para o que o alcalde pediu xa unha segunda edición que o conselleiro se comprometeu a estudar moi polo miúdo. O obradoiro Nordés rematará o 30 de xuño, pero a partir de setembro podería comezar unha nova fase que, ademais de formar a alumnos, permitirá dotar á Illa de notables infraestruturas, como este local que se converterá nun centro de formación de referencia para toda a comarca do Salnés.

    Durante a sua visita, Ricardo Varela informou de que na provincia de Pontevedra se puxeorn en marcha ete ano 39 obradoiros de emprego,ós que se destina un orzamento de 12,4 millóns de euros, o que supuxo ‘un incremento do 5% sobre o presuposto adicado o ano pasado, no que se financiaron 31 proxectos de obradoiros de emprego’. A Consellería de Traballo seguirá apostando por este tipo de iniciativas como medida de inserción laboral poia ‘a porcentaxe de inservión no mercado de traballo se sitúa no 70%’.

    Redacción Salnés