O BNG presenta unha moción en contra da suba dos bens básicos

    victor_100.jpgCAMBADOS> O BNG de Cambados presentará o vindeiro pleno unha moción en contra da inminente subida de bens básicos como a luz, o gas e a auga,…

    {flowplayer}images/salnes/bng_cambados.flv{/flowplayer}

    … pero que non sexan as economías locais as que sofran a maior embestida da crise. A estas subidas, directamente vencelladas á entrada en vigor da lei do carbón, os nacionalistas cambadeses ampliaron as súas queixas contra a aprobación en solitario polo PPdeG da nova lei de augas; unha normativa que entrará en vigor tralas eleccións municipais, e que suporá un incremento da recadación do executivo autonómico duns 35 millóns de euros ó ano.

    Para achegar máis información sobre estas subas e, tamén para informar sobre os atrancos que vai a supoñer a nova lei de pensións; o BNG de Cambados acudirá pouco antes da media mañá do sábado ó mercado.

    Nesta mesma comparecencia, Caamaño volveu a manifestar a súa oposición ó proxecto das comportas do Saco de Fefiñáns e ó movemento especulativo que se están a facer cas parcelas do polígono Industrial de Sete Pías.

    Redacción Salnés