A CIG centra nos coidados as súas reivindicacións do 25N

VILAGARCÍA> A CIG para conmemora-lo 25N pon o foco nos coidados. A central nacionalista vai convocar unha concentración en Vilagarcía para reclamar que se lle dea o valor real que teñen. Indican que descoidar a quen coida tamén é violencia machista.

Neste 25 de novembro, a CIG centrará a as súas reinvindicacións nos coidados. Na central din que a pandemia puxo de manifesto a súa importanciae que non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial. Entenden que descoidar a quen coida tamén é violencia machista.

Porque os coidados, lembran na CIG, deben estar no centro das políticas públicas. Din que a emerxencia sanitaria evidenciu a importancia fundamental do traballo doméstico e de coidados. Denuncian que as mulleres quedaron expostas de xeito desproporcionado ó virus.

Tamén demandan permisos retribuídos para persoas traballadoras que teñan que facerse cargo de persoas enfermas, en corentena ou que precisen atención urxente. Tamén poñen o foco nas concuencia da suspensión da actividade presencial no ensino no confinamento.

A central nacionalista convoca para o vindeiro día 25 unha concentración ás Portas do Servizo Galego de Colocación de Vilagarcía. No acto aproveitarán para reclamar á Xunta e ó Goberno Central medidas urxentes e concretas para coidar ós que coidan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí