Vilagarcía promocionará os produtos da praza de abastos coas xornadas gastronómicas Segunda Volta

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta as xornadas de cociña saudable e de aproveitamento “segunda volta”. O cociñeiro Xoanqui Ameixeiras elaborará cada dous xoves un menú na praza de abastos con produtos do propio mercado. O obxectivo é promocionar os alimentos da praza.

Se buscan produtos frescos, saudables e de calidade, as prazas de abastos son os lugares idóneos para mercalos. E se ademais queren saber como elaboralos, na praza de Vilagarcía poderán coñecer con cociñar diferentes pratos. Isto será posible grazas a “Segunda Volta”, unhas xornadas de cociña que buscan promocionar a economía circular e a cociña económica e saudable.

Cada dous xoves, o cociñeiro Xoanqui Ameixeiras estará as 11 e media da mañá na praza de abastos de Vilagarcía elaborando diferentes pratos con produtos do propio mercado.

As xornadas buscan poñer en valor os produtos da praza e dinamizala. Unha iniciativa moi valorada polos propios praceiros.

‘Segunda volta’ terá lugar dous xoves cada mes ata final de ano. A actividade desenvolverase no primeiro andar da praza de Abastos e entrada será gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí