Continúan as melloras no CEIP As Covas de Meaño

    MEAÑO> A Consellería de Educación está a mellora a carpintería exterior do Colexio de Infantil e de Primaria As Covas de Meaño. Unha actuación de aclimatamento á que aínda lle falta o cambio de persianas e outras melloras que reclama a Alcaldesa Lourdes Ucha e o Director do centro, Pedro Alberto Padín.

    O Xefe Teritorial de Cultura e Educación de Pontevedra visitou hoxe sobre o terreo as obras acometidas no CEIP As Covas, de Meaño. Aquí, neste ano, mudouse a carpintería exterior do edificio; unha actuación que se completará no 2015. Nos últimos anos, o CEIP As Covas foi obxecto de diversas melloras por valor de máis de cento catorce mil euros; como foi a instalación dun ascensor para facilitar a mobilidade dos alumnos con diversidade funcional. Amais, adaptáronse os aseos de infantil e unha das aulas, realizouse a reforma da instalación eléctrica e aclimatáronse as ventás. Neste exercicio compráronse amais lousas dixitais para os alumnos cunha achega de 1.500 euros. Pero esto non é dabondo, desde a Alcaldía de Meaño reclámase que se completen estas melloras, non só neste colexio onde estudian 161 alumnos de infantil e primaria, senón tamén no IES de Dena. Amais, este CEIP conta desde fai pouco cun acceso recentemente asfaltado, o que facilita o seu acceso rodado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/covas1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/ceip_as_covas_meano.mp4{/flowplayer }