![]()
VILAGARCÍA> O deputado autonómico do BNG Bieito Lobeira levará ó Parlamento o caso do río soterrado no garaxe dun edificio.
{flowplayer}images/salnes/rio_no_garaxe.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O deputado autonómico do BNG Bieito Lobeira foi convidado polos propietarios dos garaxes de Rodrigo de Mendoza, afectados polo paso dun regato soterrado. Mentres chega unha solución que poña fin ás continuas inundacións que padecen, o deputado do BNG levará o caso ao Parlamento.
Ningún dos propietarios dos garaxes pertencentes aos edificios da rua Rodrigo de Mendoza, nos números sesenta e seis ata o setenta e sete, imaxinaban que unha das lindes das súas propiedades, era o mesmo río. Non figura especificado en ningunha escritura, amais, pasouse por alto na inspección que deben pasar tódolos edificios de vivendas de protección oficial. As inundacións teñen cuberto ata dous metros de altura en algún caso.
O deputado do BNG, Bieito Lobeira cualificou a situación de esperpéntica e anunciou levar unha proposta non de lei ao Parlamento. Os veciños teñen algunha proposta para solucionar o problema, pero mentres agardan a actuación de Augas de Galicia e do Concello, están preparados por se teñen que saír do garaxe noutro vehículo que non sexa o coche.
Redacción Salnés







