Un milleiro de grovenses mobilízanse para esixir médicos para o seu centro de saúde

O GROVE> A xornada inaugural do foro foi aproveitada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Grove para facer oír as súas reclamacións.

Preto dun milleiro de veciños concentráronse no paseo marítimo para denunciar a situación do seu centro de saúde. Aseguran que non dan citas médicas, non hai consultas de atención primaria nin hai pediatra. Incluso denuncian que é frecuente que non haxa médico de urxencias no PAC do centro de saúde. Consideran que a situación da veciñanza do concello é alarmante pola falta de asistencia.

Ademais, na última reunión que houbo coa nova xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés só lles indicaron que enviarían tres médicos de familia para os meses de outubro e novembro, cubrindo cinco prazas das 7 existentes de medicina familiar. Así as cousas, a día de hoxe hai unha xubilación próxima e unha baixa de longa duración, polo que en realidades ó contarían con dous facultativos.

Por iso esixen unha solución e recuperar o servizo de atención sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí