Aplastante vitoria do Vilalonga ante o Estradense

fotovilalongacopia.jpgVILALONGA> Ó final 4 a 1 para os de Gabi Leis nun encontro no que nun principio eran os visitantes os que partían como favoritos.

{flowplayer}images/salnes/FutbolVilalonga.flv{/flowplayer}

Vitoria máis cómoda do esperado do Vilalonga ante un Estradense que deu unha moi mala imaxe en Baltar.

Machu fixo o primeiro gol cando só pasaran sete minutos, foi tras un saque de falta ó despiste que pillou por sorpresa á defensa visitante e acabou na rede. A piques estivo de chegar o segundo poucos minutos despois pero o balón foise desviado.

O Estradense malia a os innumerables avisos dos de Gabi Leis non espertaban e continuaban sendo incapaces de crear perigo e perdendo balóns ante un Vilalonga moi cómodo no campo.

A falta de 3 minutos para o descanso Melchor puxo o 2 a 0 no marcador tras un pase de Diego Blanco. E con ese resultado chegouse ó descanso con tranquilidade para o Vilalonga e gran descontento dos visitantes.

Na reanudación Fabiano Soares moveu o banquillo e aínda que a situación non cambiou demasiado, nunha das poucas ocasións que tiveron os da Estrada Julián bateu a Roberto Pazos e o empate comezou a verse máis cerca.

Pero a zaga dos de Fabiano volveu a deixar claro que onte non tiñan a súa tarde e Machu aproveitou para demostrar que era a súa. Fixéronlle un penalti que levou consigo a expulsión de Amoedo.

A pena máxima foi transformada por Nano poñendo o 3 a 1 no electrónico e dando a vitoria definitiva para os locais.

Aínda así houbo tempo para outro gol, obra de Machu tras deixar atrás á defensa, foi o 4 a 1 definitivo. Resultado que permite ó Vilalonga seguir na zona tranquila da táboa.

Non pode dicir o mesmo o Portonovo que perdeu por 3 goles a 1 contra o Ourense.

Redacción Salnés