David Mandos gaña o Campionato de España de Cazafotosub

david_mandos_250.jpgSANXENXO> David Mandos, da Federación Catalá, proclamouse Campión de España do Cazafotosub Caixa Galicia, disputado esta fin de semana en Sanxenxo. Xoan Cambeiro, da Federación Galega, quedou en segundo lugar. Pola súa banda, a catalá Ascensión Navarro revalidou o título de Campiona de España Femenina.

{flowplayer}images/salnes/fotosub3.flv{/flowplayer}

Finalizou en Sanxenxo o Campionato de España Caixa Galicia de Fotografía Submarina, disputado na modalidade de Apnea, unha cita nacional cos mellores especialistas que levou ata o Parque das Illas Atlánticas a 21 participantes, procedentes de Galicia, Cataluña, País Vasco, Baleares, Valencia, Canarias e Andalucía.

As profundidades da illa de Ons, desde punta Cabalo ata Punta do Centolo, convertéronse no photocall mariño onde máis dun cento de especies de peixes foron retratadas no seu hábitat natural. Trala xornada de competición do sábado, os xuíces da proba estiveron ata a madrugada e na mañá do domingo deliberando os títulos. Finalmente decidiron que o Campio de España deste ano é o catalán David Mandos, con 724,5 puntos e 30 fotos válidas. O Subcampeonato foi adxudicado ó galego Xoan Cambeiro, con 696 puntos e 31 fotos, premiando a súa labor á mellor fotografía en Coeficiente 1. Terceiro foi o tamén galego Luís Alberto Martínez, con 620 puntos e 33 fotografías.

En canto ó Campionato de España Feminino, a vencedora foi a catalá Ascensión Navarro, que tamén se levou o premio á Mellor Fotografía Natural. A Subcampiona foi a galega Cristina Varela, actual campiona autonómica. En Coeficiente 2 gañou o andaluz José Manuel Segura, e en Coeficiente 1.5, David Mandos. Por Federacións gañou a Catalá, seguida da galega e da vasca. A entrega de premios celebrouse nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo.

Redacción Salnés