Rianxo acolle o primeiro centro de ensino internacional da UAP

    conveniouniversidadeportugalrianxo.jpgRIANXO> O concello rianxeiro acollerá o primeiro centro local de ensino da Universidade Aberta de Portugal fóra do país luso.

    {flowplayer}barbanza/conveniouniversidadeportugalrianxo.flv{/flowplayer}

    Coa sinatura do convenio entre o reitor da Universidade, Carlos Reis, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, iníciase un ambicioso camiño no que Rianxo converterase en sede e centro colaborador da Universidade Aberta de Portugal.

    Deste xeito, ábrese a porta ós galegos que queiran cursar estudos a distancia nesta prestixiosa institución que conta cun total de quince centros espallados por todo o país veciño. O de Rianxo será o primeiro que funcione fóra das súas fronteiras.

    O auditorio municipal, o Pazo de Martelo ou o Museo do Mar serán os escenarios que acollan as actividades formativas das diferentes titulacións ofertadas relacionadas coas Humanidades, Ciencias da Educación, Ciencias Exactas, Tecnolóxicas e do Ambiente, da Xestión empresarial e das Ciencias Sociais.

    Lazos Culturais

    Aínda que se tratará do primeiro centro con carácter internacional, o reitor da Universidade referiuse á inexistencia de fronteira cultural entre Galicia e Portugal ós que cualificou de fillos da mesma historia milenaria. Amosouse ademais especialmente orgulloso de que sexa a terra natal de Castelao a sede deste centro.

    Para cursar estudos no futuro centro, o alumnado en posesión dun título universitario ou con, alomenos, unha materia superada dunha titulación superior poderá inscribirse directamente. Para os demais, será preciso realizar un exame de acceso específico.

    Redacción Barbanza