O Náutico de Portosín faise co trofeo Faro de Corrubedo

regatafarocorrubedo.jpgBARBANZA> Ó trunfo na duodécima edición desta regata patrocinada pola conserveira Frinsa foi para a embarcación sonense ‘La Rabuda’ de Fernando González.

{flowplayer}barbanza/regatafarocorrubedo.flv{/flowplayer}

Como é xa tradición nesta regata, organizada polo Club Náutico de Portosín, co colaboración do Club Náutico e Deportivo de Ribeira e a Federación Galega de Vela, e co patrocinio do grupo empresarial Frinsa, a proba disputouse en dúas etapas. A primeira, o sábado con saída dende o Náutico de Ribeira e a segunda o domingo con saída dende as instalacións do Náutico de Portosín. O primeiro día o ‘La Rabuda’ de Fernando González xa se puxo á fronte da clasificación xeral, repetindo trunfo tamén durante a xornada de onte.

Categorías

Por clases, no Grupo 1, o vencedor foi o ‘Carolina’, de Carmelo Puestas, do Náutico de Portosín, seguido do ‘Arroutado’ de José Manuel Pérez e o ‘Meigas Fóra’ de José Codesido, os dous tamén do Náutico sonense. ‘La Rabuda’, ademais da xeral, tamén se fixo co trofeo no Grupo 2, por diante do ‘Oral Group’, e o ‘Ziralla’. O’Andarivel’ do Liceo Casino de Vilagarcía foi o mellor no Grupo 3-4. En segundo lugar quedou o ‘Viajes Atlántico’ e o terceiro posto foi para o ‘Sara’.

Entrega de premios

Ó remate da competición tivo lugar a entrega de premios nas dependencias do náutico de Portosín á que asistiron participantes e representantes dos clubs. As embarcacións da zona Norte foron as auténticas protagonistas ocupando a practica totalidade dos primeiros postos que encabezaban a clasificación xeral. Por esta razón, o trofeo Faro de Corrubedo recalará un ano máis nas instalacións do náutico sonense.

Redacción Barbanza