Hnos Barbeito ficha a Francisco Garabal para manterse en 1ª Nacional A

hermanosbarbeito_100_170806.jpgSANXENXO > O club Hermanos Barbeito de Sanxenxo acaba de fichar a Francisco Garabal co obxectivo de continuar por segundo ano na primeira Nacional A. O técnico vén de adestrar ó club da Estrada, que a piques estivo de ascender, e precisamente este será o primeiro rival do Hermanos Barbeito na Liga.

franciscogarabal_200_170806.jpgHermanos Barbeito de Sanxenxo contará esta tempada con Francisco Garabal para consolidarse na Primeira Nacional A de Fútbol Sala. Despois da complicada campaña que veñen de pasar, o club quixo fichar un técnico con experiencia. Garabal xa estivo nesta mesma categoría á fronte do equipo da Estrada na pasada tempada e quedouse ás portas do ascenso. Con este cambio na dirección técnica a entidade inicia un proxecto co obxectivo de evolucionar e deixar atrás a idea dun equipo afeccionado.

O adestrador santiagués contará case co mesmo equipo que logoru a permanencia a tempada pasada. Seguirán os gardametas Bruno e Iván, ademais de Salgueiro, Pibe, Manolo, Rodri, Sebas, Chuco e Iván. O Club quere seguir contando con Iago e pretende ademais incorporar varios xogadores de fóra. Garabal é consciente que volver consolidar a categoría preséntase complicado, xa que de Primeira Nacional A baixarán un mínimo de seis equipos segundo a reestructuración de grupos que pretende a Federación.

Precisamente o seu debut na liga como técnico do Hermanos Barbeito será ante o seu anterior equipo, o da Estrada. Os de Sanxenxo están encadrados no grupo 1 de Primeira Nacional A, no que militan 16 equipos, a maioría galegos, pero tamén hai clubs de Asturias e Castela León.

Redacción Salnés