A comezos de febreiro xa se poderá pasear polo recinto de Vista Real

    acondicionamento_vista_real copia.jpg VILANOVA> O concello planea impartir no recinto un obradoiro de agricultura e busca formas de explotar os recursos vitivinícolas das dúas hectáreas de viñedos.

    {flowplayer}images/salnes/ACONDICIONAMENTO_XARDINS_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    En principio estaba previsto que as labores de acondicionamento do entorno de Vista Real remataran a finais deste mes, e aínda que marchan a bo ritmo, parece que non estarán listas ata a primeira semana de febreiro. Entón, abriranse as portas da instalación para que veciños e curiosos poidan visitar os exteriores do pazo. Os traballos están a consistir na limpeza de maleza, poda de árbores, eliminación de musgo das pedras e canalización de servizos básicos como auga e luz, dos que carecía. Unha vez rematado este adecentamento exterior, o alcalde vilanovés pensa solicitar unha reunión coa consellería de Traballo para implantar varios obradoiros nas instalacións. Entre eles un de agricultura, xa que cumpre o requisito de ter unha superficie de terreo dunha hectárea. 

    Este requisito cúmpreno con folgura, xa que só en viledo suman dúas hectáreas de parcela, viñas para as que por certo xa teñen a tarxeta de viticultores expedida polo Consello Regulador da DO Rías Baixas. Chegoulles onte mesmo. Ata o de agora, os administradores xudiciais chegaran a un acordo cun veciño da zona para que coidase as vides e así seguirá esta campaña. Cara o futuro, o concello aínda non se planteou como seguirán explotando as parcelas, pero non descartan facer algo similar á Deputación e embotellar unha marca propia co viño aquí elaborado.

    Redacción Salnés