O Portonovo xógase media permanencia ante o Narón

SALNÉS> O Portonovo disputa mañá en Baltar un partidio trascendental, ante un rival directo pola permanencia como o Narón. Mentres o Vilalonga desprazase co xusto a Ferrol para enfrontarse ó Racing. Repasamos tamén os partidos que se disputan na Preferente Sur.

Partido clave para as aspiracións do Portonovo. A permanencia non pasa por estes tres puntos ante o Narón, pero unha derrota ante os ferrolterráns deixaría moi tocada a moral do equipo. A boa nova en Baltar é que para este choque Jacobo Molina recupera a dous pezas clave como Adrián Santos e Guimeráns, que poderían formar no once de partida. Os visitantes, cun punto menos na táboa que o Portonovo, chegan no mellor momento da temporada logo de vencer en dous dos últimos catro partidos que disputaron.

O Vilalonga, sen Suso, Jesu e Miguel, todos sancionados, viaxa a Ferrol con dez xogadores para enfrontarse ó poderoso Racing. Os xuvenís serán os que completen un equipo e unha convocatoria de circunstancias. Os precendentes non son bos, xa que as dúas veces que os celestes visitaron a Malata caeron goleados. Desta volta, os de Luisito chegan coa necesidade imperiosa de gañar logo de descolgarse a sete puntos do líder.

Na Preferente Sur haberá que prestar atención o que é capaz de facer un Sanxenxo lanzado cara os postos altos. A victoria ante o Pontellas devolveu a ilusión ós de Calucho que esta semana reciben a un Ourense B inmerso tamén nunca boa dinámica de resultados.

Ese mesma liña boa pretende tomar o Céltiga. Despois de rachar coa xeira de sete partidos sen gañar os de Rial visitan o campo do Marín, sabedores de que se teñen que traer os tres puntos.

Interesante está tamén a loita pola permanencia. O Arosa pretende seguir coa súa boa liña de xogo ante o Gran Peña e se pode, meter ó final da xornada en descenso ó  Ribadumia, que este domingo recibe ó Bahía na Senra. Partido tamén de vital importancia para o Cambados, que non pode errar ante o penúltimo na xeral, o Arenteiro. Oliveira terá que ver o encontro dende a bancada mentres que Óscar é baixa por sanción.

Redacción Salnés