Cambados inaugura un mercado de Nadal que inclúe xoguetes, roupa ou comida entre outro produtos típicos destas festas

CAMBADOS> Cambados inaugura o seu mercado de nadal con 11 postos. Situado no parque do Pazo Torrado, nel poderán atoparse unha ampla variedade de produtos de nadal como xoguetes, figuras ou roupa. Para os comerciantes da vila, supón un impulso para ampliar as súas vendas nunha datas tan importantes como o nadal.

Tralo éxito da pasada edición, o concello de Cambados volve instalar nos xardíns do Pazo Torrado o seu mercado de nadal. Un espazo onde 11 comerciantes da vila expoñen os seus produtos relacionados co nadal.

Precisamente para os comerciantes é unha oportunidade para mostrar os seus produtos e aumentar as vendas.

No mercado de nadal están dispoñibles 11 postos que venden todo tipo de produtos típicos desta época, dende xoguetes a roupa.

O mercado estará dispoñible durante toda a fin de semana. Ao longo destes días realizaranse actuacións no espazo para aumentar a presenza de visitantes e axudar ao comerciantes. Para o concello este mercado supón unha oferta máis para invitar á xente a visitar Cambados e potenciar as vendas dos negocios locais.

Os interesados en mercar os seus agasallos no mercado de nadal, poden facelo ao longo desta fin de semana en horario de 11 da mañá a 8 e media da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí