O PP destapa de novo a grave situación económica do concello

    ppboiroinformeeconomico.jpgBOIRO> Os populares deron a coñecer un informe realizado polo Servizo de Asistencia Económica a Municipios da Deputación da Coruña, correspondente ós anos 2006-2009.

    {flowplayer}barbanza/ppboiroinformeeconomico.flv{/flowplayer}

    Dende o punto de vista dos populares, os datos do informe realizado polos servizos económicos da Deputación, confirman as teses apuntadas nos últimos anos dende esta formación respecto á nefasta xestión do goberno bipartito. Segundo o voceiro popular, Xoán Xosé Dieste, o concello presenta unha situación de quebra económica debido, entre outros aspectos, á avultada débeda a provedores e acredores.

    Propostas PP

    Por esta razón dende o PP propóñense unha serie de medidas para saír desta situación, entre as que se atopan, facer un plan anticrise a medio prazo e un novo plan de saneamento, a realización duns orzamentos partindo de previsións veraces, en función das necesidades reais, así como tamén unha redución do gasto corrente e dos gastos superfluos. Tamén apuntan a unha conxelación dos impostos e o pago inmediato das débedas contraídas, ademais do mantemento do emprego público e os Servizos Sociais e unha política de fomento do emprego con medidas que faciliten a implantación e a captación de empresas locais ou foráneas.

    Melloría

    Ante as críticas vertidas polo PP, dende o executivo destacaron a melloría na conta xeral de 2009 con respecto ó exercicio anterior. Segundo a concelleira de Facenda, os datos en positivo avalan a boa xestión económica do goberno coa aplicación do seu plan de saneamento financieiro, a pesar de negativa herdanza do anterior goberno do PP.

    {flowplayer}barbanza/respostainformeeconomicoboiro.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza