O BNG pide explicacións sobre o futuro do Hospital do Salnés

    bng_100.jpgVILAGARCIA> O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha moción no Parlamento Galego para obter unha resposta concreta da Conselleira…

    {flowplayer}images/salnes/150709_bng_por_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    … de Sanidade, Pilar Farjas, sobre o futuro do Hospital Comarcal do Salnés en torno a catro puntos. Os nacionalistas defenden unha sanidade pública e de calidade; o que para eles se traduce no mantemento do Hospital do Salnés como entidade propia, dentro do Sergas; e no que se leven a cabo as obras previstas no plan funcional do Hospital. Un proxecto que foi redactado polo anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia e que conta co beneplácito do actual xerente da entidade hospitalaria, tal e como se puxo de manifesto na última xuntanza da comisión de participación cidadá do Hospital celebrada o mes pasado.

    Desde o BNG denuncian a indefinición da Consellería de Sanidade sobre a data de remate das obras da primeira fase da ampliación, así como da continuidade desta actuación nas segunda e terceira fases proxectadas. E afondando nas melloras necesarias neste centro hospitalario da comarca, os nacionalistas reclaman tamén unha mellora no transporte público e na creación de prazas de aparcadoiro.

    O Bloque asegura que están dispostos a loitar por este Hospital como sexa mester, non descartando a súa participación en posibles manifestacións.

    Redacción Salnés