A. Saavedra: ‘O Liceo non pode vivir de costas ó mar, pero os pés, na terra’

    alfonso_saavedra_100_230210_copia.jpgVILAGARCÍA> O candidato á presidencia do Liceo Casino preséntase apoiado polo sector da sociedade descontento coa xestión do outro aspirante: Álvaro Paz.

    {flowplayer}images/salnes/230210_candidato_liceo.flv{/flowplayer}

    Alfonso Saavedra pertence desde mozo á sociedade Liceo Casino de Vilagarcía. Coñece á perfección a súa traxectoria, por iso este venres se presenta como candidato á presidencia da entidade. Asegura que o fai animado por un nutrido grupo de socios e antigos membros que se foron desmarcando da agrupación descontentos coa dirección que estaba a tomar. Saavedra propón recuperar o espírito co que naceu o Liceo, promover actividades que enriquezan a vida sociocultural da cidade. Pero o primeiro que fará, de saír elixido, é avaliar a viabilidade dunha das iniciativas máis controvertidas tomadas pola directiva en funcións: optar á concesión do porto deportivo.

    A pesar de que a asemblea electoral terá lugar o venres, Alfonso Saavedra asegura que non dispuxo da oportunidade de dar a coñecer esta e outras propostas ós socios porque se lle negou o acceso ó censo electoral. A pesar diso, Saavedra anima a tódolos membros do Liceo a que participen na asemblea, coa fin de decidir xuntos o futuro que queren para o colectivo.

    Redacción Salnés