Verónica Miguéns acude a disputar o mundial de trial

trial250_080909.jpgVILAGARCÍA> Esta fin de semana e a que ven, teremos a unha rapaza de Vilagarcía participando no Campionato do Mundo de Trial. Verónica Miguéns parte esta madrugada rumbo a Francia para afrontar a súa segunda experiencia nunha cita coa maior exixencia.

{flowplayer}images/salnes/trial_080909.flv{/flowplayer} 

As gañas de seguir mellorando no trial, de subir o seu propio listón, levaron a Verónica Miguéns a participar este ano na Copa do Mundo de Féminas. Nela está a atopar ás mellores, é o escalón máis alto, polo que a súa xuventude poden colocala dentro de poquiño entre a élite mundial. Ela de momento, prefire tomalo con calma.

A primeira carreira do mundial foi en Andorra e alí puido finalizar. Esta madrugada partirá a rumbo a Isola, no Sur de Francia, onde se disputa a segunda o día 12. O 18, en Darfo Boario Terme, no norte de Italia, será a terceira. Síntese orgullosa de se-la primeira muller galega que participa nunha proba destas características aínda que recoñece que sobrevivir económicamente neste deporte, é complicado.

Estes días competirá xunto a súa ídolo Laia Sanz, oito veces campiona do mundo. Xa a coñece das probas do Campionato de España que organiza anualmente o seu club, o MotoClub Sqem en Vilagarcía. Un campionato de España que aínda non rematou e que lidera a propia Verónica Miguéns en categoría Féminas B.

Redacción Salnés