Na rúa ó non notificarlle o xulgado o embargo da súa vivenda

    denunciavivendaboiro_copia.jpgBOIRO> Un boirés denuncia que o xulgado lle embargou a súa vivenda ubicada no lugar de César, e despois a subhastou, sen que el tivese coñecemento.

    {flowplayer}barbanza/denunciavivendaboiro.flv{/flowplayer}

    Dende hai xa varios anos Francisco Pérez Viturro vive unha verdadeira odisea. Leva pelexando coa xustiza para que lle devolvan o que pare el é seu: unha vivenda da súa propiedade no lugar de César que lle foi embargada e posteriormente subhastada polo xulgado sen que el tivese coñecemento previo. Ó parecer o xulgado interveu no proceso de alzamento de bens en abril de 2004 a raíz do débeda contraída por Francisco Pérez cunha sucursal bancaria que ascendía a duns seis mil euros. O feito de que el non residise na vivenda, ó cambiar o seu domicilio a Vilagarcía por motivos laborais, impediu que lle chegaran os correspondentes requerimentos do xulgado. Cando se enterou da situación, a súa vivenda xa fora vendida a outro propietario..

    Demanda de prevaricación

    Dende aquela Francisco vive un autentico calvario, entre xulgados, avogados e demais, ós que xa ten demandado por prevaricación.

    A súa denuncia non queda aí e arremete de novo contra o actual propietario da vivenda ó estar invadindo parte dun camiño público e unha propiedade privada.

    Redacción Barbanza