A Policía Local da Pobra refórzase con seis novos auxiliares

    poli100.jpgPOBRA> O cometido destes novos policías, que xa levan traballando dende primeiros deste mes de xuño, será fundamentalmente a vixilancia das zonas públicas e o control do tráfico.

    {flowplayer}barbanza/auxiliarespoliciapobra.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Isaac Maceiras, xunto co edil responsable da Policía Local, Manuel Fontao, e o xefe do corpo, Ramón Valiño, presentou en rolda de prensa os seis novos auxiliares que durante os meses de verán se incorporan como reforzo á plantilla da Policía Local. Con eles elévanse a dezaoito os policías que durante esta tempada vixiarán as rúas do municipio, aínda que nestes momentos cinco atópanse de baixa. O seu cometido será fundamentalmente reforzar as gardas nas praias e controlar o tráfico no casco urbano.

    Servizo nocturno

    Coas seis incorporacións poderá ademais volver a poñerse en funcionamento o servizo nocturno que ata o de agora non se realizaba por falla de persoal e que será desempeñado por dous axentes.

    Os novos axentes xa comezaron a realizar estes días os súas labores de vixilancia. O seu traballo está previsto que se prolongue ata pasadas as festas do Nazareno.

    Redacción Barbanza