Inquedanza no PSOE por saber quen irá na lista electoral

    lista_PSOE_VILAGARCIA copia.jpg VILAGARCÍA> Manuel Rodríguez Cuervo, Tania García ou José Membrives son algúns dos nomes que sonan para acompañar a Modesto Pose.

    {flowplayer}images/salnes/POSIBILIDADES_LISTA_MODESTO_POSE.flv{/flowplayer} 

    Se alguén dubidaba de que en Vilagarcía se aveciña unha campaña electoral do máis disputada, sirva como mostra a loita interna que se vive estes días no seo do partido socialista. O martes a militancia deberá pronunciarse sobre a proposta da Executiva de que Modesto Pose sexa o alcaldable, un paso que se dá por feito. Polo que a inquietude destes días nas filas da formación vén pola conformación da lista electoral. Estanse mantendo contactos e parece que a intención é configurar un grupo que compraza tanto ó sector crítico coma ó oficialista.

    Entre os nomes que xa soan estaría o actual edil de Obras e Servizos, Manuel Rodríguez Cuervo. As últimas manifestacións que realizou apuntaban a unha saída da política unha vez concluíse este mandato municipal, pero os cambios recentes no executivo vilagarciá, os seus vinte anos de experiencia no goberno da cidade e a súa posición intermedia no partido poderían posicionalo incluso como número dous.

    Tamén a actual edil de Urbanismo Tania García tería un posto asegurado na listaxe. Despois de entrar incluso nas quinielas para ser a candidata, todo apuntar a que ocupará o terceiro lugar.

    De aquí en diante as propostas xa se fan máis difusas, e aínda que polo de agora tan só se trata de rumores, parece que o edil de persoal José Membrives podería acompañar tamén a Pose. Faladurías, insistimos, aínda que nestas ocasións sempre se adoita botar man do refraneiro, e ‘cando o río sona, auga leva’.

    Redacción Salnés