O Son pon en valor o seu patrimonio cultural

    PORTODOSON> A casa da cultura acollerá, durante dous venres consecutivos, unhas xornadas sobre a posta en valor do patrimonio cultural.

    A tenente de alcalde, María Maneiro, e o edil de Turismo, Manel Deán, presentaron está mañá as segundas xornadas sobre a posta en valor do patrimonio cultural, que se van desenvolver na casa da cultura sonense. Este ano as conferencias versarán sobre o patrimonio e o turismo sostible. As conferencias daranse por inauguradas, mañá ás 19 horas, coa intervención de José Manuel Rey García, arqueólogo e director do parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro. Unha hora máis tarde, Felipe Senén falará sobre as diferenzas que existen entre Galicia e Irlanda en canto á súa xestión do patrimonio cultural. Un día máis centrado na comarca do Barbanza será o venres, día 5 de setembro. Comezará Antonio González Millán, director do museo Valle-Inclán, falando sobre o sarcófago paleocristián de San Sadurniño de Goiáns, en Portosín. Rematarán as xornadas coa intervención de Luís Francisco López, na que coñeceremos as distintas intervencións arqueolóxicas executadas na gran xoia sonense, o Castro de Baroña. O equipo de goberno recomenda á veciñanza que sexa partícipe destas conferencias