O porto deportivo de Muros contará con 200 prazas de amarre

reordenacionportomuros.jpgMUROS> O presidente de Portos, Xosé Manuel Álvarez-Campana, comprobou a marcha das obras de reordenación interior da dársena portuaria.

Despois de percorrer as instalacións portuarias, acompañado do alcalde, Domingos Dosil, e o patrón maior, Daniel Formoso, o presidente de Portos de Galicia, Xosé Manuel Álvarez-Campana, escoitou a explicación técnica dos responsables da empresa que executa esta importante obra, presupostada en máis de catro millóns de euros.

{flowplayer}barbanza/reordenacionportomuros.flv{/flowplayer}

Segundo sinalou o propio Xosé Manuel Álvarez-Campana a actuación permitirá a creación dunhas instalacións náutico deportivas con capacidade para unhas 200 prazas no interior do porto, que se destinarán a embarcacións recreativas e tradicionais.

Carácter multifuncional

Ademais as obras teñen un carácter multifuncional polo que levarán tamén aparellado outras actuacións no peirao como é o caso do acondicionamento dos antigos edificios de departamentos de usuarios e a fábrica de xeo, así como a construción dun dique de abrigo aboiante que servirá ademais para o atraque dos barcos mexilloeiros.

O proxecto inclúe tamén a reurbanización do contorno e a creación dun aparcadoiro na explanada portuaria que permitirá a creación dunhas 120 prazas de aparcamento. O alcalde, Domingos Dosil, destacou a importancia desta obra, pola que levan agardando dende hai moito tempo. Se todo marcha segundo o previsto as obras poderían estar rematadas para o inicio do verán.

Redacción Barbanza